Ferro Ruibal: "Nótanse novidades positivas dentro do ámbito do dereito"

Os avogados analizan a situación da lingua en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A presenza do galego no sector xurídico son os dous grandes eixes da II Xornada Xustiza e Lingua que organizou para esta tarde o Colexio de Avogados de Compostela. No encontro intervirán o decano deste organismo, Evaristo Nogueira e mais o Fiscal Superior do Tribunal Superior de Xustiza, Carlos Varela. Ademais deles, o membro da Real Academia, Xesús Ferro Ruibal, intervirá para falar sobre a situación da lingua na maxistratura. Segundo este académico ""Hai un traballo emprendido, como demostra a propia celebración desta xornada, pero existe a necesidade de progresar no emprego do galego" neste ámbito. "Sen datos concretos, percibo que hai novidades positivas. Penso que sempre os avogados transcribiron en castelán procesos que a xente lles explicaba en galego. Agora empeza a haber cousas deste tipo que xa se fan en galego, e isto é unha novidade".

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos