O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza reclama unha revisión da Lei de Normalización Lingüística

Melloras de Lei

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Consello da Cultura acollía onte a presentación do libro “Estatuto xurídico da lingua galega”, de Edicións Xerais. Neste acto Carlos Varela, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia defendeu a necesidade de revisar a Lei de Normalización Lingüística para actualizala. “Só así podemos conseguir que sexa máis utilizada a lingua galega”, sinala. Varela defendeu a iniciativa da Asociación de Funcionarios pola normalización lingüística que “vén demostrar que é posible que unha oficina xudicial opere integramente en galego sen que haxa indefensión”.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Normalización Lingüística, Lingua galega, Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, Edicións Xerais...