Carlos Varela faise co premio San Martiño á normalización

Os Xoán Manuel Pintos recoñeceron a Rei Zentolo e á Romaxe de Crentes Galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O premio San Martiño de Normalización Lingüística, que entrega cada ano a Asociación O Brando da Estrada, foi nesta edición para Carlos Varelas, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Canda a el, o colectivo recoñeceu o traballo de toda unha de Xosé Luís Franco-Grande polo galego, e nivel comarcal recoñeceu o traballo da Asociación A Fervenza. Pola súa banda, en Pontevedra fallábanse esta fin de semana os premios Xoán Manuel Pintos, que recoñecen o traballo a prol da nosa lingua. Desta volta foron a empresa Rei Zentolo, coñecida polas súas camisetas, levou o galardón na área local, mentres a Romaxe de Crentes Galegos fíxose co premio galego.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Normalización Lingüística, Pontevedra