A Coordinadora de Equipos de Normalización leva o premio Altofalante

R, Monte Cabalar e Olimpio Arca recolleron onte os San Martiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A capacidade de integrar e organizar o traballo dos diferentes equipos de normalización do país e o desenvolvemento de campañas a prol da nosa lingua valéronlle á Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística o premio Altofalante 2010. O galardón, concedido pola asociación homónima, entregarase o vindeiro 20 de Novembro ás 20:00 horas no Conservatorio Municipal de Ribeira. Pola súa banda, a empresa R, a cooperativa Monte Cabalar e mais o escritor Olimpio Arca recibían onte os premios San Martiño, que recoñecen o traballo a prol da nosa lingua en diferentes ámbitos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Normalización Lingüística