A contribución a promover o uso normalizado do galego ven de ser premiada polo xurado dos Premios San Martiño de Normalización LingüÃstica, convocados desde 1991 anualmente pola Asociación Cultural O Brado da Estrada. A atleta Ana Peleteiro Brión (Ribeira, 1995), plusmarquista e actual Campioa de Europa de Triplo salto, foi a elixida merecedora do premio na categorÃa Galicia Enteira; pola súa banda o Museo do Pobo Galego leva o premio de traxectoria na categorÃa Toda unha vida e engade asà este recoñecemento ao recente Premio Fernández Latorre que recolleu a institución con base en Santiago . O recoñecemento de máis proximidade, o que recoñece o traballo a prol da lingua na comarca estradense de Tabeirós-Terra de Montes onde se dan os premios, foi para a Asociación Cultural Tamparrantán. Os galardóns entregaranse no Teatro Principal da estrada o vindeiro mes de novembro en data sen confirmar.