As Redes Escarlata premian a Fernández Paz e aos Equipos de Normalización

Emma Pedreira faise co certame de poesía Concello de Carral

9/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturalingua
21 lecturas | Compartido 0 veces

O premio Roberto Vidal Bolaño, que outorga anualmente o coletivo Redes Escarlata, foi este ano para Agustín Fernández Paz e mais para a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística. O galardón, que recoñece o traballo pola defensa da identidade do país ou da clase traballadora, recoñece o xesto de Fernández Paz ao renunciar ao Premio da Cultura que lle outorgara a Xunta de Galicia, e mais o traballo diario dos Equipos de Normalización a defender a nosa lingua nos centros de ensino. Pola súa banda, Emma Pedreira fíxose co premio de poesía Concello de Carral coa súa obra Libro das mentiras. A obra sairá publicada na editora Espiral Maior e Pedreira farase cos 2.000 euros do galardón.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redes Escarlata, Emma Pedreira, Poesía, Concello de Carral...