Emma Pedreira leva o IX premio Novacaixagalicia de Poesía

O xurado valorou a orixinalidade de Antítese da ruína

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Antítese da ruína é o título da obra coa que Emma Pedreira se fixo co IX Premio Novacaixagalicia de Poesía, que se fallou o pasado 17 de decembro. O xurado valorou a orixinalidade da obra e as súas sorprendentes imaxes e seleccionouna entre as 49 presentadas. Pedreira levará 12.000 euros e verá a obra publicada na colección 'Arte de Trobar'. O certame está convocado polo PEN Clube e mais pola entidade financeira.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Pedreira, Poesía, PEN Clube

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos