Ramón Lourenzo, o Concello de Burela e o Foro de Avogados de Lugo levan o Premio Peña Novo

O maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado foi recoñecido como Galego Egrexio

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A XVI Edición dos Premios Lois Peña Novo, que recoñecen o traballo a prol da normalización lingüística. Desta volta, o filólogo Ramón Lourenzo foi homenaxeado polo seu traballo en entidades como o Instituto da Lingua Galega, Real Academia ou o Instituto de Estudos Padre Sarmiento. Canda a el, o xurado de dez persoas decidiu galardoar o Concello de Burela pola súa política lingüística. Finalmente o Foro de Avogados de Lugo viu premiados os seus 21 anos a empregar o galego en todos os ámbitos. Ao tempo, a Fundación Premios da Crítica outorgoulle ao maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado o título de Galego Egrexio polo seu traballo a prol da lingua no ámbito da Xustiza.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Lourenzo, Burela, Lugo, Normalización Lingüística...