Os premios Lois Peña Novo recoñecen a Alba Nogueira e a Xosé Rodríguez

O Concello de Ames foi a única institución premiada polo seu traballo a prol da lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A defensa da nosa lingua que realiza Alba Nogueira, profesora da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago, valeulle levar un dos premios Lois Peña Novo deste ano. Os galardóns, que recoñecen o traballo a prol do galego e que entrega a Fundación do mesmo nome, recoñeceron tamén a Xoré rodríguez Cruz, funcionario do corpo de policía en Ourense e autor diferentes traballos de investigación etnolóxica e antropolóxica. Finalmente, a única institución recoñecida este ano foi o Concello de Ames, polo seu modelo de política lingüística. Os galardóns entregaranse o vindeiro 30 de xuño no Castelo de Soutomaior.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Ames, Castelo, Política Lingüística, Ourense...