A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer o fallo dos galardóns cos que recoñece o traballo a prol do galego "no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral". Nesta vixésimo cuarta edición o xurado seleccionou como galardoados a escritora MarÃa Xosé Queizán, "pola súa traxectoria vital de compromiso coa lingua e a cultura galegas", ao profesor e académico Manuel González González, "polo seu traballo de investigación cientÃfica no eido da lingüÃstica galega" e mais ao e o xurista Xesús Costas Abreu, "polo seu compromiso coa defensa do galego no ámbito da Administración local". O acto de entrega dos galardóns terá lugar o 28 de xuño de 2018, ás 19:30 h, no Castelo de Soutomaior.