A Estrada e Barreras levan os premios Lois Peña Novo

Tamén se recoñeceu o traballo a prol da lingua do psiquiatra Emilio González

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os XV premios Lois Peña Novo, que recoñecen o traballo a prol da difusión e do recoñecemento da lingua galega, teñen xa gañadores. O Concello da Estrada, polo seu traballo normalizador na administración local e mais os estaleiros Barreras, polo seu compromiso expreso coa nosa lingua recibiron cadanseu premio. Canda a eles, o psiquiatra Emilio González foi recoñecido polo emprego do galego na súa traxectoria profesional e polo "valor terapéutico" que lle outorga á lingua no seu traballo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Concello da Estrada

Claves

Conceptos