Francisco Díaz-Fierros e Xosé Manuel Cid recibiron os premios Peña Novo

O Concello de Brión foi tamén recoñecido polo seu traballo a prol da lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Castelo de Soutomaior acollía onte a entrega dos premios Lois Peña Novo, que organiza a fundación do mesmo nome para recoñecer o traballo a prol da lingua galega en diferentes ámbitos. Nesta XXII edición foron o catedrático de edafoloxía e membro da RAG Francisco Díaz-Fierros, o profesor de pegadoxía da Universidade de Vigo Xosé Manuel Cid e mais o Concello de Brión os galardoados. A organización do evento destacou o labor de Díaz-Fierros polo seu uso da lingua galega na ciencia, o traballo de renovación pedagóxica de Cid e mais o compromiso que amosa o Concello de Brión polo seu emprego continuo do galego.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Brión, Francisco Díaz-Fierros, Xosé Manuel Cid, Lingua galega...