Xesús Ferro Ruibal, Manuel Pereira Costas e Vilar de Santos recollen os premios Lois peña Novo

Peñas 2008

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Fundación Lois Peña novo entregou onte no Castelo de Soutomaior os premios cos que recoñece o traballo a prol da normalización do galego ao longo do último ano. Nesta edición, o académico Xesús Ferro Ruibal, o maxistrado Manuel Pereira Costas e mais o Concello de Vilar de Santos foron os galardoados. Segundo o xurado, cada un deles "personifican a creatividade profunda e a afervoada paixón pola reconstrución da nosa identidade". O acto contou coa presenza de máis de 200 persoas.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilar de Santos, Castelo, Identidade, Lingua galega