O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, o Concello de Valga e Clodio González Pérez son os gañadores dos Premios Lois Peña Novo na súa XIX edición. Os galardóns que entrega a Fundación Peña Novo recoñecen o traballo a prol da lingua galega. O acto de entrega celebrarase en Soutomaior o vindeiro 28 de xuño. Pola súa banda, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica outorgoulle ao triatetla Javier Gómez Noya o premio Leixaprén á defensa e promoción da lingua. Segundo a organización do galardón, o premiado "constitúe unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e influÃntes hoxe en dÃa na conformación de modelos de comportamento social, nomeadamente entre a mocidade".