O premio Leixaprén, que recoñece desde 1999 o traballo en defensa e promoción da lingua galega foi nesta edición para a cantante Sés. Os profesores e alumnos dos equipos adscritos á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización LingüÃstica foron os responsables, cos seus votos, da selección. Como méritos da gañadora, a organización destaca "que Sés utiliza o galego na súa carreira artÃstica como ferramenta instrumental, ao igual que o fai perante os medios de comunicación, charlas e manifestacións públicas, e ten defendido desde os palcos nos que actúa o valor e importancia do uso da nosa lingua". O acto de entrega celebrarase ás 13 horas no IES Félix Muriel de Rianxo.
Canda á candidatura gañadora, optaban tamén ao galardón Fernándo Vázquez, Esther del RÃo e MarÃa Mera, que foron propostos polo comité de selección a atender á súa defensa activa da lingua galega e a que "tivesen unha especial incidencia social, ben pola súa continuidade e eficacia ao longo do tempo, ben pola exploración de novas vÃas para a normalización do idioma".