Alumnos e profesores de Rianxo recuperan o léxico mariñeiro da vila

No meu mar, na miña lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

10 profesores e 95 alumnos do Instituto Félix Muriel de Rianxo están a levar a cabo un interesante proxecto de recuperación de léxico tradicional chamado "No meu mar, na miña lingua". Coordinados por Tina Formoso, coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística, os alumnos e os profesores enquisan a mariñeiros, anciáns e monitores de escolas de vela e remo colleitando palabras do mundo tradicional do mar e compilándoas nun banco de datos. O equipo pensa montar unha serie de actividades de divulgación con posterioridade ao traballo de campo, como unha exposición ou un calendario con coplas colleitadas entre os vellos de Rianxo.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Escolas, Normalización Lingüística

Claves

Lugares