Un estudio amosa as posibilidades das novas tecnoloxías nas escolas rurais de Galicia e Portugal

As redes do rural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Internet non é só un asunto urbano. Profesores e institucións tecnolóxicas galegas e portuguesas conclúen no proxecto A Ponte que profesores e alumnos das escolas rurais atopan na rede unha forma de mellorar a calidade do ensino

Baixo a sombra da Unión Europea

Levar as novas tecnoloxías e Internet ós centros de ensino secundario de Galicia e do norte de Portugal. Iso é o que se propuxo un equipo de investigación que, coa axuda da Unión Europea, experimentou nestes centros coa teleformación e os contactos de profesores e alumnos con estas novas tecnoloxías.

No proxecto participaron o Centro de Supercomputación de Galicia, (CESGA), a Associa?‹o das Universidades da Regi‹o Norte. a Secretar’a Xeral de Investigaci—n e Desenvolvemento, ‡ Conseller’a de Educaci—n e ‡ Conseller’a de Cultura, Comunicaci—n Social e Turismo, entre outros. Tamén participaron expertos das tres universidades galegas.

Novas tecnoloxías, factor de desenvolvemento rural

As conclusións que presentaron expertos do Instituto de Ciencias da Educación de Santiago de Coimpostela sinaln que as novas tecnoloxías "supoñen unha oportunidade única para os alumnos de contacto con internet e co ámbito universitario", e para a ampliación da súa formación curricular. Para estes expertos, as novas tecnoloxías son un factor clave para o desenvolvemento social das áreas rurais de Galicia e Portugal.

Máis ganas de aprender

O estudio detense na repercusión nos alumnos desta imprantación das novas tecnoloxías. En primeiro lugar, aumenta a motivación destes cara a aprendizaxe e, ademais, esta se fai máis de forma colaborativa. A relación cos profesores parece mellorar e, en certo xeito, o alumno semella comezar a aprender por el mesmo: "hai unha adquisición de aprendizaxes máis significativas e traballo máis autónomo respecto ó profesor", sinalan os autores do estudio.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Internet, Ensino, Unión Europea...