O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñece A Coruña como único topónimo legal

Con A, finalmente

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Francisco Vázquez ten ata setembro para cumprir a legalidade e asumir o topónimo A Coruña, segundo anunciou onte a Mesa pola Normalización Lingüística. Este colectivo fixo pública a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirma a forma galega como única legal, que deberá ser empregada polo concello mesmo cando empregue o castelán. Mentres, e segundo publicou o domingo “Atlántico Diario”, o novo alcalde de Vigo deberá expresarse en galego nas súas intervencións pública cumprindo as esixencias da ordenanza de Normalización Lingüística.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Opinión

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Normalización Lingüística, Francisco Vázquez, Galicia Hoxe...