O Tribunal Supremo declara "A Coruña" único topónimo oficial

A Coruña, suprema

9/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
31 lecturas | Compartido 0 veces
Non se pode ir alén por vía xudicial. O Tribunal Supremo declaraba o pasado día seis que a única forma oficial do topónimo herculino é "A Coruña". Canda a isto, indicáballe ao Goberno Municipal que non se pode presentar recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Normalización Lingüística por non recoñecer o nome castelán. A Mesa pola Normalización acolleu con ledicia esta sentencia e reclamoulle ao presidente da Xunta que obrigue a cumprir coa legalidade lingüística.

Máis información en Galicia Hoxe, no web da Mesa


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Tribunal Supremo, Lei de Normalización Lingüística, Normalización Lingüística...