Comeza o Correlingua mentres un manifesto esixe a aplicación do Plan de Normalización Lingüística na escola

A Mesa, a xustiza, a escola e a lingua

9/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O castelán segue a ser a lingua maioritaria na escola. Para paliar esa situación desenvólvense iniciativas como “Correlingua”. Unha campaña que comeza mañá en Santiago e pretende achegar o idioma a 30.000 escolares de toda Galicia. Neste mesmo eido circula estes días un manifesto que promove a Mesa pola Normalización Linguística que esixe que o idioma galego se use máis na escola o vindeiro curso. Por outra banda, a Mesa solicitou onte á sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña (TSXG) que se execute a sentencia de 1994 que determina que o topónimo oficial é A Coruña.

Máis información sobre o Correlingua en La Voz de Galicia, na nosa hemeroteca e no seu web; e no web da Mesa sobre aplicación no ensino do Plan de Normalización Lingüística e a petición de que se execute a sentencia que establece o topónimo oficial

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Manifesto, Normalización Lingüística, A Coruña...