A Mesa denunciará no Consello de Europa o incumprimento do ensino en galego

As denuncias, os xuíces e a lingua

13/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O galego e a xustiza son noticia estes días. Por unha banda porque a Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que denunciará a Secretaría Xeral de Política Lingüística perante o Consello de Europa. O motivo é o incumprimento da lexislación para o ensino en lingua galega. Curiosamente, este organismo sinala nun informe de 2005 que a xustiza é un dos ámbitos onde máis se vulnera o dereito ao uso do galego. Uns datos que chegan días despois de que o xuíz decano de Ourense afirmase que “no ámbito da xustiza galega non se detectou ningún problema no referente ao uso da lingua” e despois de a asemblea de xuíces rexeitasen a obrigatoriedade de coñecer o idioma galego no novo Estatuto.

Máis información no web da Mesa sobre a denuncia perante o Consello de Europa e sobre o informe do Consello de Europa que co que lle contestan aos xuíces sobre o rexeitamento da obrigatoriedade de coñecer o galego no novo Estatuto que podes ver enLa Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello de Europa, Europa, Ensino, Normalización Lingüística...