A Mesa pola Normalización denuncia o incumprimento en Galicia da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias

Carta sen destino

1/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias continúa sen se cumprir en Galicia, segundo informou a Mesa pola Normalización Lingüística ao Comité de Expertos neste documento nunha xuntanza que se celebrou esta fin de semana en Oviedo. A Mesa ratificouse na conclusións do informe que sobre este tema elaborara hai xa un ano, e apuntou que desde entón producíronse aínda novos retrocesos na situación da nosa lingua. Nese sentido, apuntaron os problemas na aplicación do galego na xustiza, o incumprimento da Lei de Normalización no Ensino, a ausencia do idioma nos medios de comunicación e as dificultades ás que se enfronta o galego en Asturias.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da mesa

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Medios de comunicación, Galicia Hoxe, Mesa pola Normalización Lingüística...