O Consello de Europa reclámalle á Xunta melloras na situación do galego

Apunta incumprimentos da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias en ámbitos como o ensino e a xustiza

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O quinto Informe de seguimento do cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias que realiza anualmente un Comité de Expertos para o Consello de Europa denuncia o incumprimento deste compromiso por parte da Xunta de Galicia. A Mesa pola Normalización facía público este 12 de decembro este texto no que se lle reclama á Xunta que se eliminen as limitacións para o ensino en galego en todos os niveis educativos, ademais dunha modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso da nosa lingua nos procedementos xudiciais.

De cara á situación do galego fóra da Comunidade, recomena incluír o nome de "galego-asturiano" no Estatuto de Autonomía de Asturias, e desenvolver unha política de protección da nosa lingua na rexión do Eo-Navia. O mesmo xeito tamén se reclaman medidas para protexer o galego en Castela e León e mais en Estremadura.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello de Europa, Ensino, Xunta de Galicia, Estatuto de Autonomía...