Galicia está a incumprir a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, promovida polo Consello de Europa e á que o noso está adscrita. O comité de seguimento deste convenio expresou nun informe que se facÃa público onte a preocupación "pola redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoios" que se está a dar no noso paÃs. Ao tempo, reclamoulle ao goberno da Xunta que implante un número suficiente de escolas "que ofreza educación completamente ou esencialmente en galego" de xeito que se garanta o dereito dos pais a que os seus fillos teñan unha educación na nosa lingua.
Este comité denunciou tamén a falta de información fornecida pola Xunta sobre a situación da lingua e a escasa presenza do galego nos medios de comunicación.
Colectivos como a Mesa pola Normalización ou a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica xa lle reclamaron á Xunta que poña en marcha as medidas reclamadas polo Consello de Europa e que cumpra os obxectivos aos que se comprometeu con este tratado.
Texto do Comité do Consello de Europa sobre a aplicación da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.Este comité denunciou tamén a falta de información fornecida pola Xunta sobre a situación da lingua e a escasa presenza do galego nos medios de comunicación.