As reclamacións que o Consello de Europa lle fixo á Xunta e ao Goberno Central para que cumpran a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias no que respecta ao galego está a provocar reaccións en diferentes ámbitos da nosa cultura. Deste xeito, a Real Academia Galega publicaba este 16 de decembro un comunicado no que se congratula "do acordo do Comité de ministros do Consello de Europa sobre a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias e insta as autoridades do Estado español e, nomeadamente, da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguir as recomendacións expresadas nel". Segundo a institución "é hora de honrar os compromisos contemplados" neste documento "para que Galicia se dote dun modelo educativo que garanta os dereitos dos galegofalantes e asegure a vitalidade do noso idioma".
A Academia lembra que "o Estado español adheriuse a esta Carta e no momento da súa ratificación comprometeuse a cumprila no conxunto das súas previsións e nos seus termos máis amplos". AsÃ, sinala que o compromiso de "ofrecer unha liña de educación preescolar e de ensino primario, secundario, técnico e universitario en lingua galega" presente no texto "non só foi incumprido, senón que a normativa sobre o uso do galego no ensino vixente no noso paÃs desde 2010 (...) se atopa en flagrante contradición con el, ao restrinxir este uso a un máximo do 50% do currÃculo (e a unha porcentaxe menor nos centros plurilingües), excluÃndoo totalmente de materias como as matemáticas, a fÃsica e a quÃmica".
Pola súa banda, a plataforma Queremos Galego convocou mobilizacións para o xoves 19 de decembro en Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo ás 20 horas baixo o lema "Emerxencia lingüÃstica. Precisamos do galego". As concentracións desenvolveranse "en resposta á situación de emerxencia lingüÃstica que amosan con claridade datos como os do IGE" e para "reclamar que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa".