O Gaiás presenta o legado artístico de Asorey

A exposición sobre o escultor é a máis completa realizada ata agora

28/10/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteHistoria
90 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de Asorey no seu estudo. Realizada por Ksado

A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, inaugurou hoxe a exposición "Francisco Asorey, unha recuperación necesaria", último gran proxecto expositivo da institución deste 2025.
A exposición, comisariada por Miguel Fernández-Cid e coa colaboración da neta do artista, Carmen Asorey, é a máis completa realizada ata o momento sobre o escultor Francisco Asorey Cambados, 1889 - Santiago de Compostela, 1961). Reúne máis dun cento de pezas procedentes de institucións de toda España, entre elas, o Museo Reina Sofía, o Museo de Arte Sacro de Bilbao, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo do Pobo Galego, o Museo Provincial de Lugo, o Museo de Pontevedra ou o Museo Valle-Inclán. O percorrido expositivo permite achegarse a todas as facetas do creador: o Asorey relixioso, o monumental, o galeguista e o universal.

En total, medio centenar de esculturas e ao redor dunha decena de escaiolas, xunto con debuxos, audiovisuais, documentos da época e ferramentas de traballo, ademais das cerámicas coas que se popularizaron algunhas das súas obras máis significativas, para contextualizar e dar a coñecer da maneira máis completa a relevancia artística e histórica de Asorey.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego