O Día das Artes 2024 dedicarase ao escultor Francisco Asorey

A Real Academia de Belas Artes decidiu dedicarlle a efeméride ao cambadés

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de Asorey no seu estudo. Realizada por Ksado

Imaxe de Asorey no seu estudo. Realizada por Ksado

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), na sesión ordinaria celebrada este pasado sábado no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), decidiu, tras votación regulamentaria, homenaxear ao longo do 2024 e, en especial, no Día das Artes Galegas do 1 de abril ao escultor cambadés Francisco Asorey (Cambados, 1889 -Santiago, 1961). Así o ven de comunicar a Academia, que lembra que o escultor "está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX".

Segundo sinala o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, "falar de Francisco Asorey, vinculado á RAGBA e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, é falar da escultura galega por antonomasia. É a significación da escultura galega contemporánea, un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado". Xustamente esta decisión da Academia coincide coa actualidade arredor de Asorey polo feito de que a súa escultura "Santa", que foi propiedade da Casa de Galicia de Montevideo e posteriormente adquirida pola Xunta de Galicia, pasará a formar parte da colección permanente do Museo Zorrilla de Montevideo, que depende do Estado de Uruguai, tras un acordo entre este e a Xunta.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Día das Artes Galegas...