
O elenco está composto por Marián Bañobre, Luz GarcÃa, Johanna Hess, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo, que poñen en escena unha historia arredor do circo, a historia e as matemáticas. Estas últimas son unha das paixóns de Alicia, unha adolescente que, a través delas, busca darlles resposta aos paradoxos da sociedade actual desde a canle que abre nunha rede social co seu cuarto, aÃnda cheo de bonecas e xoguetes, como escenario. No equipo artÃstico atópanse tamén Laura Iturralde na iluminación e videoescena, asà como no deseño da escenografÃa xunto con José Faro; Erea Pérez e Paula Quintas na maquillaxe e caracterización, Marta Alonso Tejada no movemento escénico e coreografÃa, José Expósito na asistencia de circo, Marcos PTT no espazo sonoro e asistencia de dirección, Xosé Lois Romero na composición musical e Santi Romay na asistencia de produción.
Autobús desde 45 concellos e xira
'A serie clopen' permanecerá en cartel en Santiago de Compostela ata o 26 de outubro, con cinco funcións semanais, de mércores a domingos, ás 18,00 h. Como nas súas anteriores producións, a compañÃa institucional pon a disposición dos concellos galegos a campaña de mobilidade 'Sobes ao autobús do teatro?' para facilitarlles o desprazamento a Santiago de Compostela para asistir as representacións. Neste caso, o Salón Teatro recibirá público chegado desde preto de 45 municipios das catro provincias. Tras esta temporada de exhibición na sede do Centro Dramático Galego, o espectáculo poderá verse tamén noutros cinco espazos de Galicia e Portugal: Teatro Académico Gil Vicente de CoÃmbra o 30 de outubro, Auditorio Municipal Carmen Estévez Eguiagaray o 2 de novembro, o Teatro GarcÃa de Resende de Évora o 4 de novembro, o Auditorio Municipal de Rianxo o 6 de novembro, e Auditorio Municipal de Quiroga o 9 de novembro.