
Segundo explicou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a actividade en total tradúcese en máis de 70 contratacións de intérpretes, das que 30 corresponden ás tres producións, asà como doutros máis de 100 artistas como parte dos diferentes equipos técnicos e de creación. Ademais, o Centro Dramático Galego acollerá unhas 120 funcións no Salón Teatro e promoverá máis de 150 en xira por diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia. A intención de servir de "punto de encontro" expresada no lema da temporada, faise notar na transversalidade dos formatos escénicos polos que atravesa esta programación, incluÃndo circo, música ou tradición oral. Tamén nas múltiples colaboracións acadadas polo CDG, tanto a través das coproducións con compañÃas privadas como con concellos e outras institucións como a Escola de Arte Dramática, asà como con outros axentes da escena galega ou con compañÃa s portuguesas como Teatro Experimental de Porto, Cine-Teatro Louletano e Culturgest, con quen produce o espectáculo 'Jose Afonso, ao vivo nos coliseus, 1983', que estrearase o 6 de novembro no teatro Municipal de Porto
O conselleiro, que con este acto deu por inaugurado o "curso cultural", estivo acompañado no escenario polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, e polos representantes de varios dos proxectos que conforman esta temporada: Paula Carballeira, autora e directora de 'Somos monstros' e dramaturga de 'Berenguela na gaiola', e Santiago Cortegoso, autor de 'A furia da amanita', proposta coa que gañou a terceira edición da Bolsa de Dramaturxia da compañÃa pública. Participou, asà mesmo, Alicia PadÃn, en representación do equipo de Normalización LingüÃstica do Concello de Ribeira, quen abordou as diferentes liñas de colaboración cos concellos galegos, como a campaña de mobilidade 'Sobes aos autobús do teatro?', as xiras de verán ou as residencias artÃsticas. En palabras de López Campos, nesta temporada 2025-2026 o Centro Dramático Galego ofrece "un programa plural e vivo, que aposta polo talento galego e impulsa a nova creación galega, ao tempo que non se esquece da tradición".