Do total de prazas convocadas, sete corresponden ao elenco da adaptación teatral do emblemático libro de Xosé Neira Vilas, para o que o Centro Dramático Galego contará na dramaturxia e dirección con Cándido Pazó, recoñecido pola súa mestrÃa na adaptación de diferentes clásicos e na narración oral. El foi que levou xa ás táboas unha adaptación do legado de Neira Vilas en 2011 co espectáculo de monólogo 'Memoria das memorias dun neno labrego'. Da súa man, o personaxe de Balbino, que marcou varias xeracións lectoras en Galicia, volverá cobrar vida nunha proposta evocadora que combinará teatralidade e poesÃa. Os ensaios desta montaxe comezarán a finais de ano, inmediatamente despois da fin da xira de A serie clopen, a segunda das producións propias da compañÃa institucional para a presente temporada 2024-2025. A súa chegada aos escenarios está prevista para o inicio de 2026, cando comezará a ensaiarse tamén Hamlet cara á súa estrea a mediados de marzo.
Regreso a Shakespeare
Neste caso, Tito Asorey na dirección e Vanesa Sotelo na dramaturxia asinarán, desde unha perspectiva innovadora e comprometida, a reinterpretación da que pode considerarse como a obra máis famosa do teatro universal. Un elenco de 16 actrices e actores interpretará este novo achegamento do Centro Dramático Galego ao universo shakespeariano, no que afondou en diferentes ocasións desde 1989 con 'As alegres casadas' ata 2023 con 'Shakespeare en Roma', pasando por 'Un soño de verán' en 1992 ou 'Noite de Reis' en 2007.
Segundo especifican as bases publicadas xa na web da Axencia Galega das Industrias Culturais, o prazo de solicitude para participar neste proceso dará comezo este mércores e permanecerá aberto ata o 18 de xuño. As probas constarán dunha fase de valoración dos perfÃs profesionais en función do grao de coincidencia coas propostas artÃsticas e dunha segunda de audicións para avaliar tanto a interpretación textual, xestual e a adecuación aos roles, como a capacidade de integración no traballo coral, coreográfico e de manipulación de elementos.