Arestora aínda non se coñece o vindeiro programa de producións propias da compañía pública de teatro pero seis compañías escénicas privadas producirán nesta temporada as súas novas propostas ao abeiro do programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela. Cinco delas contan tamén co apoio do Centro Dramático Galego en calidade de entidade coprodutora. Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra Teatro, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria terán á súa disposición as instalacións da compañía da Xunta de Galicia e o apoio do seu equipo técnico para ultimar os espectáculos que, na meirande parte dos casos, compartirán despois co público neste mesmo espazo. O vindeiro 28 de febreiro o recinto público acollerá a estrea da primeira destas montaxes, a obra Os nenos da variola de Pérez&Fernández que é unha das coproducións que o CDG presenta esta temporada.
Para Os nenos da variola Xosé Leis e Victoria Pérez codirixen, ademais de interpretar xunto a Isabel Risco e Manu Fernández, esta adaptación da novela de María Solar inspirada na Expedición Balmis, que a primeiros do século XIX partiu da Coruña con 22 nenos a bordo e a misión de levar a vacina da varíola a América. A continuación, será a quenda da danza con Marta Alonso, quen estará en residencia do 2 ao 4 de marzo coa súa montaxe Bailar agora. As demais residencias e coproducións serán a de La Quintana Teatro con O premio (en residencia do 9 ao 11 de marzo e con funcións do 12 ao 15), Cámara Negra Teatro con Clausura do amor (do 23 de marzo ao 1 de abril, con representacións do 2 ao 5 de abril), Cronica dunha heterosexual insatisfeita de Verdeveras Expresións Artísticas (do 6 ao 10 de abril e exhibición os días 18 e 19 dese mes) e Microperspectivas dun marica millennial, de Incendiaria (do 11 ao 15 de abril e funcións o 16 e 17).