Anómico Teatro estrea 'Chuvia' no Salón Teatro

A produción insírese no programa de residencias do CDG

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroPolíticas Culturais
Compartir:
Anómico Teatro estrea 'Chuvia' no Salón Teatro

A compañía Anómico Teatro estrea este venres no Salón teatro de Santiago a obra Chuvia, unha produción froito da súa residencia artística na sede do Centro Dramático Galego. Manu Dosouto, Roberto Leal e Alberto Rolán protagonizan esta obra escrita e dirixida por Julio Fernández Peláez.

A compañía teatral viguesa Anómico Teatro, habitual compañía residente da Sala Teatro Ensalle de Vigo, uniuse nesta xeira de residencias do CDG pasa usar dos medios técnicos e artísticos do centro nacional para producir esta montaxe que estrea este venres e que estará en escena no Salón teatro toda a fin de semana. Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda a un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, así comeza Chuvia . Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén no cotián de Watt e Olf. De súpeto, e como nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dos cascallos. Cun forte carácter alegórico e surrealista, Chuvia constitúese nun relato onde a inacción e a inercia dos seus personaxes contrasta co drástico devir dos acontecementos.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Centro Dramático Galego, Teatro Ensalle...