O espectáculo Masa madre + Sal marina creado por Cristina Balboa e Manuel Parra GarcÃa abre este venres o Ciclo Pank, que protagonizan Proxecto Pank e Funboa Escénica no compostelán Salón Teatro. Dúas obras e a presentación dun proxecto en desenvolvemento compoñen esta iniciativa, que fai parte do programa de residencias que o Centro Dramático Galego realiza na súa sede. Segundo adianta a entidade, Proxecto Pank + Funboa Escénica "é un dos cinco colectivos artÃsticos que estarán en residencia no Salón Teatro durante esta temporada 2018-2019".
Masa madre + Sal marina poderá verse o venres 11 e o sábado 12 de xaneiro ás 20:30 horas, mentres o domingo subirá a escena Manuel Parra GarcÃa con Eso que vi, unha peza escénica para "activarse en público ou lerse en solitario". Finalmente, o xoves 17 será Cristina Balboa quen comparta co público o work in progress de O que segue, "proxecto no que a artista comparte as súas fantasÃas sobre o éxito, que a levan a seguir buscando a idea perfecta para o seu espectáculo".