
Celina Fernández e Ana Fontenla dirixen e corren coa dramaturxia da obra, produto dun proceso de creación colectiva no que participaron un total de 18 actrices e actores de diferentes idades que se ofreceron a participar desde diferentes grupos amadores do paÃs. Segundo destacou Fran Núñez, director do CDG, na presentación do proxecto, "contamos cun dream team do teatro amador". O proxecto contou tamén coa colaboración do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e do IES A Pinguela de Monforte de Lemos que correron co vestiario e a caracterización para a montaxe.
Na obra, que conta cunha escenografÃa profesional, retrátanse, a partir da experiencia de Sargadelos, os conflitos e as relacións que xorden no contexto laboral e o xeito no que este espazo condiciona as vidas das persoas. Segundo explicou Ana Fernández, a estética da montaxe quere afondar nas raÃces que deron pé ao proxecto industrial e artÃstico promovido por Isaac DÃaz Pardo cunha dramaturxia que aposta por abrir as formas "a coreografÃas, movementos, abstracción e aos diferentes xestos e códigos do teatro".
As directoras levan dous anos a investigar a historia do proxecto industrial coa intención de desenvolver unha montaxe profesional a reflexionar sobre as relacións entre arte e industria. Dentro deste proceso, Fábrica de fume preséntase como un primeiro achegamento escénico a este material, que prevé completarse cunha nova obra en 2026.
Na presentación do proxecto, Fran Núñez lembrou o potencial do teatro amador á hora de crear un espazo seguro que facilita uso da lingua en novos contextos por parte dos participantes nestas iniciativas. As funcións desenvolveranse os domingos 16, 23 e 30 de marzo ás 12 horas con acceso gratuÃto. A montaxe xurdiu do proxecto europeo Phone, que promove as linguas minorizadas a través das artes escénicas e no que o CDG participou entre 2022 e 2024.
Antonio Vázquez, secretario de FEGATEA e actor na obra, sinalou que "para toda a xente do teatro afeccionado vir ao Salón Teatro como espectadores é unha peregrinación. Subir ao escenario é como gañar o xubileo". Deste xeito agradeceu "a apertura da Porta Santa" que supón esta iniciativa e lembrou que "este proxecto é de redención, non só para os que peregrinan, senón tamén para os que abren a basÃlica".