Compostela acolle a XXIII edición do Festival de Teatro Afeccionado AgustÃn Magán, que organiza a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) e que se celebrará na cidade desde este sábado 7 de setembro ata o 27 de setembro. O evento inclúe seis espectáculos a cargo das compañÃas Disfunción continua, Ditea, Porta Aberta, Gargallada Teatro, Teatro Antas de Ulla e Teatro Pesadelo, que realizan espectáculos como Yerma, Crónica dun pobo ou Entrañas negras, entre outras. A entrada aos espectáculos é de balde e as funcións celebraranse no Salón Teatro, no Teatro Principal e no CSC Santa Marta. O festival conta coa colaboración do concello de Santiago, a ConsellerÃa de Cultura da Xunta e do Centro Dramático Galego.