A se preguntar como ve a xeración dos millenials as súas raÃces, ButacaZero presenta #Camiños. O compostelán Salón Teatro acolle o xoves 25 a estrea desta coprodución co Centro Dramático Galego. Teatro fÃsico, música folk e electrónica, "bicicletas de spinning coas letras de Castelao, RosalÃa ou Manuel MarÃa" ou traxedia mesturada con ironÃa atópanse nunha obra dirixida por Xavier Castiñeira sobre un texto de Esther F. Carrodeguas, que tamén protagoniza a montaxe canda a Noelia Blanco, Noa Covelo e Celina Fernández. Na obra, que se poderá ver ata o vindeiro domingo 28, "quere reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén deste noso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Queremos fuxir deles ou en realidade nos aferramos? Cal é a nosa vida e que ten que ver coa imaxe estereotipada que de nós poden ter os de fóra?".
VÃdeo musical de As Churrascas, que fan parte de #Camiños
VÃdeo musical de As Churrascas, que fan parte de #Camiños