O texto co que Carlos Labraña obtivo o último Premio Manuel MarÃa de Literatura Dramática Infantil chega ás táboas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con Monicreques de Kukas, estrea este 28 de maio O carteiro de Ximaraos. O compostelán Salón Teatro acolle ata o vindeiro dÃa 30 esta montaxe para público infantil.
A obra, con dirección de Susana Villaverde, que tamén corre coa dramaturxia canda a Ezequiel RodrÃguez, "mestura realidade e fantasÃa para abordar o impacto emocional do alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal", segundo explica o CDG.
Para isto narra a relación entre Xoán e o seu avó, antigo carteiro da vila de Ximaraos, que cada vez ten peor memoria. Para alén de se abraiar coas fantásticas historias do ancián, o cativo debe enfrontarse ao reparto dunha saca de cartas que ficaran esquecidas. "A través desta conexión, o espectáculo reflexiona sobre como as historias, as memorias compartidas e os pequenos rituais familiares poden enfrontarse ao esquecemento".