Con tres funcións de balde entre os dÃas sete e nove de xullo chega ao compostelán Salón Teatro a coprodución internacional Tartufo. A montaxe, dirixida polo portugués Tónan Quito, conta coa presenza actoral galega de Marcos Fernández e Yaiza Portela, a escenografÃa de MarÃa Torres Piñeiro e a asistencia de dirección de Diego Chamizo Mora. En total o equipo está formado por dezaseis estudantes de último curso de catro escolas de arte dramática diferentes.
O texto clásico de Moliére poderá verse en tres funcións de balde entre os dÃas 7 e 9 de xullo, co texto orixinal en francés e en verso rimado, con subtÃtulos da tradución ao galego e en prosa de Loli Ramos Duarte.
A obra desenvolveuse no marco do Proxecto NÓS/NOUS, que desenvolve un intercambio entre catro compañÃas públicas e outros tantos centros de ensino de arte dramática de Francia, Portugal e Galicia. Entre os seus obxectivos está promover "tanto a profesionalización como a internacionalización de estudantes no treito final do seu perÃodo académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidadas do sector teatral". A iniciativa conta co financiamento do programa europeo Erasmus+K2, a través da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e do Centro Dramático Galego.