Estrease en Galicia 'Rosalía, cartografía de ásperas ortigas

A montaxe é unha coprodución do CDG e o colectivo portugués ASTA-Teatro e Outras Artes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Estrease en Galicia 'Rosalía, cartografía de ásperas ortigas

O Centro Dramático Galego e o colectivo portugués ASTA-Teatro e Outras Artes coproducen a montaxe 'Rosalía, cartografía de ásperas ortigas', mediante o que se suman ás actividades de conmemoración do 188º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Estreado en febreiro na localidade lusa de Castelo Branco o espectáculo chega esta semana ao Salón Teatro de Santiago de Compostela. Entre o 26 e o 28 de abril a sede do CDG acollerá tres representacións desta montaxe con dirección escénica e dramaturxia do compostelán Roberto Salgueiro á fronte de catro intérpretes galegos e portugueses.

O espectáculo está interpretado por Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros e Marta Casais e nel cobra importancia o espazo sonoro achegado por varios instrumentos, as coreografías interpretadas polo elenco e un espazo escénico cuberto de flores. As dúas compañías crean unha proposta teatral actual que reflicte o pensamento e o legado da poeta padronesa. Así, a partir de textos e, sobre todo, versos da escritora tomados de 'Cantares Gallegos', 'Follas Novas' e 'En las orillas del Sar', construíuse durante os ensaios un texto literario propio que afonda na transcendencia da autora.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Portugués, Espectáculo, Rosalía de Castro...