O portugués Nuno Cardoso (Canas de Senhorin, 1970) será o encargado de dirixir a vindeira montaxe do Centro Dramático Galego. Trátase de A boa persoa de Sezuán de Bertolt Brecht que contará con Rosa Álvarez, Antón Coucheiro e Roberto Leal, entre outros actores, vestidos por La Canalla. A montaxe estrearase o 24 de outubro no marco do Salón Teatro (Santiago), espazo xestionado por Agadic e do que se acaba de facer público un avance da súa programación.
A próxima temporada do Salón Teatro comezará o 25 de setembro coa obra de Matarile Teatro Animais artificiais e rematará o 30 de decembro coa montaxe infantil Cristovo e o libro das marabillas de Sarabela Teatro. Polo medio haberá catorce montaxes, das que dúas son estreas (a última montaxe do CDG máis Game Over de Teatro Cachuzo).
O denominador común desta temporada do espazo público pasa pola aposta decidida polas compañías galegas, xa que conforman o prato forte da programación. Ademais, o Salón Teatro acollerá no Nadal unha mostra para o público infantil no que haberá sitio para o circo (Pistacatro presenta Ringorrango), monicreques (a vasca Teatro Gorokada trae A cidade inventada e Galitoon Babiliglub) e, como non, o teatro (os portugueses Teatro do Frío presentan Diz que diz ademais da montaxe de Sarabela que pecha o ano).