“É a primeira vez que o Centro Dramático Galego (CDG) interpreta a Bertolt Brecht e faino cunha posta en escena moi alonxada dos parámetros do academicista”. Asà definiu Cristina DomÃnguez, directora do teatro público, a reinterpretación que o director portugués Nuno Cardoso fixo do texto A boa persoa de Sezuán. É unha fábula amarga de longa duración (dúas horas e media) que fala da busca da verdade nunha sociedade corrupta na que Cardoso mestura teatro, coreografÃa e música nun escenario anegado de neons e referencias da modernidade. A rolda de presentación da montaxe que se estrea este venres 24 en Santiago, estivo marcada polo recordo de Rubén GarcÃa finado onte despois dunha longa enfermidade.
“Bertolt Brecht ten un pequeno texto no que asegura que o teatro é divertimento e esta dimensión do divertimento é que eu quero recuperar aquÔ explicou Nuno Cardoso ao falar da súa aposta por esta montaxe. Cardoso é un dos valores emerxentes da creación dramática portuguesa e esta achega sintetiza todos os seus puntos de vista que ten que ter o teatro: unha posta en escena moi plástica e visual (os neóns dos escenario son unha mostra clara), un coidado traballo actoral fÃsico (a obra conta con doce actores que estiveron máis de dous meses traballando) e cun fondo compromiso social. Neste último aspecto, Cardoso falou da pertinencia que tiña recuperar a dramaturxia de Brecht no momento actual, xa que A boa persoa de Sezuán foi escrita no desconcerto posterior á Segunda Guerra Mundial que el compara co momento actual (despois do 11 de setembro e en plena crise financeira).
O argumento
É unha produción de grande tamaño de máis de dúas horas e media de duración que, para Cardoso, debe ser entendida como algo positivo xa que será “máis tempo para o divertimento”.
A obra comeza coa baixada á Terra de tres deuses coa esperanza de atopar persoas que sigan os seus ditados, isto é, que sexan persoas boas e xustas. A primeira que descobren é a única que os acolle en Sezuán: Xen Te, unha prostituta a quen premian dándolle outro medio de vida, unha tenda de tabaco. Pero os habitantes da aldea non tardarán en aproveitarse descaradamente das boas intencións da moza, polo que esta, farta deles, decide disfrazarse dun personaxe masculino chamado Xui Ta, que con enorme frialdade expulsa a todos os que queren vivir a conta do seu sacrificio.
A montaxe estréase este venres no Salón Teatro, espazo no que estará ata o domingo 26 cando iniciará unha xira de tres meses por toda Galicia que pechará en VilagarcÃa o 13 de febreiro. Muda asà o seu esquema habitual de estar un mes seguido en Santiago para logo iniciar a xira. Nesta ocasión, a montaxe regresará ao Salón Teatro entre o 26 de novembro e o 14 de decembro.
Dossier A boa persoa de Sezuan.“Bertolt Brecht ten un pequeno texto no que asegura que o teatro é divertimento e esta dimensión do divertimento é que eu quero recuperar aquÔ explicou Nuno Cardoso ao falar da súa aposta por esta montaxe. Cardoso é un dos valores emerxentes da creación dramática portuguesa e esta achega sintetiza todos os seus puntos de vista que ten que ter o teatro: unha posta en escena moi plástica e visual (os neóns dos escenario son unha mostra clara), un coidado traballo actoral fÃsico (a obra conta con doce actores que estiveron máis de dous meses traballando) e cun fondo compromiso social. Neste último aspecto, Cardoso falou da pertinencia que tiña recuperar a dramaturxia de Brecht no momento actual, xa que A boa persoa de Sezuán foi escrita no desconcerto posterior á Segunda Guerra Mundial que el compara co momento actual (despois do 11 de setembro e en plena crise financeira).
O argumento
É unha produción de grande tamaño de máis de dúas horas e media de duración que, para Cardoso, debe ser entendida como algo positivo xa que será “máis tempo para o divertimento”.
A obra comeza coa baixada á Terra de tres deuses coa esperanza de atopar persoas que sigan os seus ditados, isto é, que sexan persoas boas e xustas. A primeira que descobren é a única que os acolle en Sezuán: Xen Te, unha prostituta a quen premian dándolle outro medio de vida, unha tenda de tabaco. Pero os habitantes da aldea non tardarán en aproveitarse descaradamente das boas intencións da moza, polo que esta, farta deles, decide disfrazarse dun personaxe masculino chamado Xui Ta, que con enorme frialdade expulsa a todos os que queren vivir a conta do seu sacrificio.
A montaxe estréase este venres no Salón Teatro, espazo no que estará ata o domingo 26 cando iniciará unha xira de tres meses por toda Galicia que pechará en VilagarcÃa o 13 de febreiro. Muda asà o seu esquema habitual de estar un mes seguido en Santiago para logo iniciar a xira. Nesta ocasión, a montaxe regresará ao Salón Teatro entre o 26 de novembro e o 14 de decembro.
Momentos da representación de A boa persoa de Sezuan
Cartaz en pdf de A boa persoa de Sezuan.