Será no 2009 cando o Centro Dramático Galego cumpra vinte e cinco anos. Unha celebración que a Consellaría de Cultura non quixo que pasara desapercibida e á que lle puxo o lema Preto de ti, nese interese por conseguir a implicación do público nas súas programacións. O día grande terá lugar o 6 de marzo cando se estree As Dunas, o texto que escribe Manuel Lourenzo e que dirixirá Quico Cadaval. Pero antes de todo iso, en outubro chegará Nuno Cardoso que se pon á fronte do texto de madurez de Bertolt Brecht A boa persoa de Sezuán. Son os dous espectáculos de produción propia desta temporada que se acaba de presentar no Salón Teatro.
Pensados para ti, A temporada da cidadanía, Preto de ti son algúns dos lemas cos que se foron presentando as diferentes programacións do teatro público do país nos últimos anos. Unha énfase por integrar ao público no teatro. Por iso, a consellaría de Cultura realizou a través do IGAEM (hoxe AGADIC) un estudo sobre o perfil de público para poder conseguir mellorar os baixos índices de asistencia. E nesta liña é a que pretende seguir o CDG agora que cumpre as vodas de prata. Por iso, na efectista presentación da programación (dous estudantes reconvertidos en actores gabearon pola fachada do Salón Teatro) a conselleira Ánxela Bugallo destacou que o lema desta edición agocha unha parte do sentimento, do núcleo e a razón de ser do CDG no que atende a dirixirse ao público.
Nesta ocasión o CDG reduce a dous os seus espectáculos de produción propia (antes eran tres) para dedicarse a producións de grande formato, cun grande elenco e unha importante producción. Pero tanto a conselleira como a directora do teatro público, Cristina Domínguez, quixeron poñer o énfase en todo o demais: as coproducións (Rúa Aire, Eco e Wake up), os Espazos CDG (estadías da compañía en diferentes localidades que inclúen numerosas actividades paralelas e de difusión), así como en reforzar todos os servizos á cidadanía (préstamos de atrezzo, asesoramento profesional, viaxe ao teatro e, como novidade, as xornadas pedagóxicas). Por último, Domínguez quixo destacar a creación das residencias artísticas coa finalidade de apoiar aos novos creadores e que terán lugar a partir do 2009 cunha convocatoria pública.
Programación completa do CDG 2008.Pensados para ti, A temporada da cidadanía, Preto de ti son algúns dos lemas cos que se foron presentando as diferentes programacións do teatro público do país nos últimos anos. Unha énfase por integrar ao público no teatro. Por iso, a consellaría de Cultura realizou a través do IGAEM (hoxe AGADIC) un estudo sobre o perfil de público para poder conseguir mellorar os baixos índices de asistencia. E nesta liña é a que pretende seguir o CDG agora que cumpre as vodas de prata. Por iso, na efectista presentación da programación (dous estudantes reconvertidos en actores gabearon pola fachada do Salón Teatro) a conselleira Ánxela Bugallo destacou que o lema desta edición agocha unha parte do sentimento, do núcleo e a razón de ser do CDG no que atende a dirixirse ao público.