No interior da Ópera

Quico Cadaval dános as claves da nova produción do Centro Dramático Galego

É o proxecto teatral do ano. A Ópera dos tres reás de Bertolt Brecht é a grande aposta do Centro Dramático Galego para 2011. Estrearase o día 23 de xuño no Auditorio de Galicia. culturagalega.org estivo no ensaio aberto da produción, así que te ofrecemos as primeiras imaxes de como soará e se verá esta ambiciosa posta en escea, guiados polo director da montaxe, Quico Cadaval. Vídeo de Cristina Mouriño.