A ópera dos tres reás manterá os números musicais en galego na súa xira no estranxeiro

O equipo comparte cos medios un dos seus ensaios

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Equipo artístico de A ópera dos tres reás

Equipo artístico de A ópera dos tres reás

“Ainda está moi nos inicios, non hai vestiario, non hai escenario, só apuntamentos do que vai ser” anunciou Quico Cadaval no ensaio aberto a medios da Ópera dos Tres Reás, a agardada montaxe do Centro Dramático Galego. O resultado final chegará ao público o vindeiro 23 de xuño no Auditorio de Galicia onde estará catro días. A partir de aí iniciará unha xira que o levará por outras localidades de Galicia, España (en Madrid estará dúas semanas) e están por pechar outros escenarios internacionais. A montaxe protagonizada por Luís Tosar e dirixida por Quico Cadaval manterá en galego os números musicais, aínda que traducirá o resto do libreto para a súa xira.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

No interior da Ópera

Quico Cadaval dános as claves da nova produción do Centro Dramático Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Ensaio, Quico Cadaval, Luís Tosar...