Á venda as entradas para a Ópera dos tres reás

Protagonizado por Luís Tosar e dirixido por Quico Cadaval estrearase o vindeiro 23 de xuño

7/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
26 lecturas | Compartido 0 veces

A quince días exactos de que se estree A ópera dos tres reás, acaban de poñerse á venda as entradas. O proxecto que xuntará no escenario a Luís Tosar como actor principal e a Quico Cadaval como director nun evento escénico e musical (inclúese dentro das actividades do Ano da Música) estará únicamente catro días no Auditorio de Galicia (en total, poñeranse á venda unhas catro mil entradas, nas que haberá que descontar as reservas para medios e personalidades). A partir de aí iniciarse a xira que o levará a ofrecer 16 funcións en Galicia e 21 fóra das nosas fronteiras. As entradas para ver este clásico da ópera moderna terán un prezo único de 15 euros, aos que lle hai que engadir os gastos de xestión.


Universo culturagalega.gal

12/05/2011

No interior da Ópera

Quico Cadaval dános as claves da nova produción do Centro Dramático Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Luís Tosar, Quico Cadaval, Auditorio de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos