A muller que conquistou a Tosar

O Centro Dramático Galego estrea no auditorio a súa gran aposta da temporada

21/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
23 lecturas | Compartido 0 veces
Chámase Muriel Sánchez e é Polly Peachum, a muller que casa con Mackie Messer, a personaxe interpretada por Luís Tosar. É unha das protagonistas de A ópera dos tres reás, a gran aposta do Centro Dramático Galego (CDG) para este 2011. Muriel regresa ao CDG onde xa formara parte do elenco de Ricardo III, tras cinco anos de traballo no Teatro Real de Madrid. É licenciada en arte dramática pola RESAD (Real Escola Superior) e en canto, e quixo a casualidade que o seu proxecto de final de carreira fose coa mesma obra que interpreta mañá. Por todo iso, Murel coñece moi ben este espectáculo do que eloxia a adaptación das cancións ao galego porque “lle confire unha musicalidade especial á montaxe”. O Auditorio de Galicia acolle xoves a estrea precedida dunha grande expectación ante o tándem protagonizado por Quico Cadaval e Luís Tosar.

Universo culturagalega.gal

12/05/2011

No interior da Ópera

Quico Cadaval dános as claves da nova produción do Centro Dramático Galego

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados