A boa persoa de Sezuán abre a temporada do Centro Dramático Galego

Dúas producións propias e tres coproducións conforman a oferta do CDG ata xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Malia a que a presentación oficial terá lugar o vindeiro 19 de setembro, o boletín e_scena da Agadic xa avanzou os piares da programación do Centro Dramático Galego para esta temporada. A interpretación do director portugués de A boa persoa de Sezuán, a obra de Bertold Bretch, abrirá o 24 de outubro a programación que contará con outro espectáculo de produción propia (será para marzo e sairá do programa de dramaturxia residente). Canda a estes, haberá tres coproducións con compañías privadas máis o traballo que desenvolva o Centro de Creación Dramática cos seus novos alumnos. Isto engádese ao o cartel do Salón Teatro, xa anunciado hai unhas semanas, que nesta ocasión presta moita importancia á escena galega.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Espectáculo, Teatro, Portugués...