A nova temporada do Centro Dramático Galego leva ás táboas unha obra de Shakespeare

Os reis chegan en setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Quico Cadaval e William Shakespeare. Este é o tándem que abrirá a temporada teatral do Centro Dramático Galego. Será o 28 de setembro no Salón Teatro co espectáculo “Noite de Reis”. A programación completarase en febreiro coa estrea de “Valdemuller”, de Xosé Neira Cruz, e en abril “DramaA3” con coordinación dramatúrxica de Daniel Salgado. Canda isto continuará a campaña de comunicación social para fomentar a actividade escénica. Ademais, segundo publica o último número do boletín E-scena, do 23 ao 27 de outubro terá lugar a XV Feira Galega das Artes Escénicas.

Máis información no boletín E-scena

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: e-scena, 49

A Feira Galega da Artes Escénicas, portada do último número de e-scena

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Shakespeare, Centro Dramático Galego, Reis, Xosé Neira Cruz...