Segundo adianta o boletÃn do IGAEM "E-Scena", o Consello Reitor do IGAEM aprobou a proposta de programación da nova directora do Centro Dramático, Cristina DomÃnguez, ata xuño do vindeiro ano. A propia DomÃnguez será a encargada de dirixir "O regreso ao deserto" de B. M. Koltés, que se estreará o vindeiro vinte de outubro. Por outra banda, para febreiro está previsto o espectáculo infantil Tarará-Chis-Pum, a cargo de Santiago Montenegro e de Rosa Hurtado. Finalmente, en abril estrearase "A piragua" unha aposta escénica de Cándido Pazó vencellada a un proxecto de residencia dramatúrxica. O "S-cena" tamén sinala que o programa levará o lema "O teatro hoxe", e presentarase de xeito oficial o vindeiro mes de setembro.
As últimas novas sobre o CDG nos nosos arquivos