A nova temporada do CDG achega o retorno á coprodución e a institución do Dramaturgo Residente

CD6

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
"O regreso ao deserto", "Tarará-chis-pun" e mais "A piragua", xa anunciadas, son as tres producións que o Centro Dramático Galego estreará na temporada que presentou hoxe Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, en Santiago. Canda a estas, levarase ás táboas "Kamikaze", unha coprodución coa compañía PistaCatro que supón o retorno a este sistema de colaboración por parte do CDG. Outra grande novidade para esta temporada é a creación da figura do "Dramaturgo residente", un posto que será ocupado cada temporada por un creador galego. Desta volta será Cándido Pazó o encargado de escribir unha obra e de coordinar o curso "Pistas para unha dramática de actualidade" que se desenvolverá en novembro. Dúas novas liñas de edición en colaboración con Laiovento, a renovación do web do Centro e mais a xestión do Salón Teatro completan as propostas da entidade.

Máis información no web do IGAEM e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Ánxela Bugallo, Cándido Pazó, Teatro...